atorredocastro with tag galicia
Near user atorredocastro
atorredocastro
-
Igrexa de San Xoán de Piñeira de Arcos
Igrexa do Século XIX. Interesante conxunto formado pola igrexa e maila reitoral.
-
Castelo do Castro de Valdeorrras
Derrubado polos irmandiños. Reconstruído. Só queda a torre desmouchada. Seu estado é lamentable.
-
Castromao
Castro que estivo poboado desde o século VI a. C. ata o III d.C.(Novecentos anos de historia). Nel atopouse o pacto de amizade entre o prefecto da Cohors I Celtiberorum e os Coelerni, habitantes do castro.
-
Mansión romana e campamento romano de Aquis Querquernnis
Iste campamento militar (activo entre o 75 a.C. e o 30 d.C. e despois foi abandonado) controlaba a Vía XVIII ou Vía Nova de Brácara (Braga) a Astúrica (Astorga). 500 lexionarios romanos controlaban un amplo e rico territorio.
-
Alcázar de Milmanda
Pertencía ós Pimentel de Benavente. Arrasado polos irmandiños e logo reconstruído. Na actualidade, no terreo que ocupaba o castelo atópase a igrexa parroquial.
-
Castelo de Castro Covadoso
Pertencía ó conde de Ribadavia. Destruído polos irmandiños.
-
Castelo de Santa Cruz
Aparece na relación de fortalezas derrubadas polos irmandiños do Licenciado Molina, ¨o castelo de Santa Cruz cara Milmanda¨. No Séc. XVI xa se atopaba en ruínas.
-
Castro de San Cibrao de Lás
O castro, un dos de maior superficie de Galicia, é un arquetipo dos castros da etapa final da cultura castrexa, coincidente coa romanización do NW peninsular.
-
Fortaleza de Pena Corneira
Derrubada polos irmandiños no 1467. Pertencía á condesa de Sta. Marta, viúva do conde de Ribadavia.
-
Castelo de Vilamarín
Unha das poucas fortalezas cos irmandiños non derrubaron. Por orde dos Reis Católicos obrigouse a modifica-la fortaleza rebaixando os seus muros. En perfecto estado, funciona como sala de exposicións da Deputación de Ourense.
Page: 1 / 3
Tagzania