RSS   KML  Big map 3D | Big map»

Embed 3D: Customize 

user/atorredocastro/galicia

(see galicia from all users)

Capela de Santa Mariña de Piñeira de Arcos

Conta a tradición ca Santa Mariña naceu e criouse en Piñeira, e acadou o martirio en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
2007/02/19 long: -7.76042461395 lat: 42.1352767944

Pista de avións contraincendios de Sandiás

Pista de avións contraincendios en Sandiás (Ourense)
2007/01/28 long: -7.70862579346 lat: 42.1058006287

Canle da antiga lagoa de Antela

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, dependendo da época do ano, variaban estas dimensións. Desecada a partires dos traballos de desecación do ano 1958.
2007/01/28 long: -7.71489143372 lat: 42.1068840027

Igrexa de Santa María de Couso de Limia

Igrexa románica con posteriores ampliacións e reformas no século XVII.
2007/01/27 long: -7.77059555054 lat: 42.1055450439

Centro Ecuestre de Antela - Hipódromo de Antela (Sandiás - Ourense)

Situado no predio da lagoa de Antela. Consta dunha pista de velocidade de 1500 metros de longo por 20 de ancho. Nela realizánse xornadas de carreiras. No centro atópase un centro de cría de cabalos.
2007/01/26 long: -7.71514892578 lat: 42.0997505188

Ermida do San Bieito da Uceira

Dende o seu adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.
1
2007/01/26 long: -7.77523040772 lat: 42.1188545227

Mansión romana e campamento romano de Aquis Querquernnis

Iste campamento militar (activo entre o 75 a.C. e o 30 d.C. e despois foi abandonado) controlaba a Vía XVIII ou Vía Nova de Brácara (Braga) a Astúrica (Astorga). 500 lexionarios romanos controlaban un amplo e rico territorio.
2006/12/31 long: -7.98500061035 lat: 41.9712333679

Miliario de Zadagós

Miliario (Milla LXXI) da Vía Nova ou Vía XVIII que unia Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
2006/12/29 long: -7.72381782532 lat: 42.1411972046

Miliarios de Vilariño das Poldras

Tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unia Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
2006/12/29 long: -7.76999473572 lat: 42.0916633606

Igrexa de San Xoán de Piñeira de Arcos

Igrexa do Século XIX. Interesante conxunto formado pola igrexa e maila reitoral.
2006/12/29 long: -7.75686264038 lat: 42.1408157349

Castromao

Castro que estivo poboado desde o século VI a. C. ata o III d.C.(Novecentos anos de historia). Nel atopouse o pacto de amizade entre o prefecto da Cohors I Celtiberorum e os Coelerni, habitantes do castro.
2006/12/29 long: -7.97779083252 lat: 42.161239624

Castro de San Cibrao de Lás

O castro, un dos de maior superficie de Galicia, é un arquetipo dos castros da etapa final da cultura castrexa, coincidente coa romanización do NW peninsular.
2006/12/29 long: -8.01212310791 lat: 42.3638725281

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

Igrexa construída antes de 1520, cunha portada de ¨estilo manuelino¨. Retablo de Francisco de Moure (S.XVII) que cumpre iste ano 400 anos (1607-2007). O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo.
1
2006/12/25 long: -7.75480270386 lat: 42.1131248474

Castro de San Millao

Coñecido como ¨A Cidá¨. Castro fortemente romanizado. As súas fortes defensas están reforzadas por ¨pedras fincadas", sendo dos poucos castros que posuen esta característica.
2006/12/25 long: -7.60511398315 lat: 41.8964004517

Castro de Saceda

Castro escasamente romanizado.
2006/12/25 long: -7.62571334839 lat: 41.9375305176

A Nogueira

Esta aldea ou casarío (dúas ou tres casas) aínda aparecía nos mapas de 1943. Estaba preto da estrada N-525 polo que a xente trasladouse ó pé da estrada fundando unha nova aldea: O Novaiño (Concello de Sandiás).
1
2006/10/18 long: -7.75634765625 lat: 42.1298027039

A Ouceira

Esta aldea ou casarío aínda aparecía nos mapas de 1943. Situábase preto da ermida do San Bieito da Uceira (Concello de Sandiás).
1
2006/10/18 long: -7.76613235474 lat: 42.1212730408

Torre de Sandiás

Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. En 1467 pertencía ó conde de Benavente. Foi arrasado polos irmandiños, que estaban cercando o castelo de Allariz, grazas a traizón dun criado. Hoxe só queda parte d...
1
2006/09/24 long: -7.74450302124 lat: 42.1231193542

Fortaleza de Pena Corneira

Derrubada polos irmandiños no 1467. Pertencía á condesa de Sta. Marta, viúva do conde de Ribadavia.
2006/09/22 long: -8.19150924683 lat: 42.3801040649

Castelo de Santa Cruz

Aparece na relación de fortalezas derrubadas polos irmandiños do Licenciado Molina, ¨o castelo de Santa Cruz cara Milmanda¨. No Séc. XVI xa se atopaba en ruínas.
2006/09/22 long: -8.09074401856 lat: 42.1440582275

Castelo da Peroxa

Pertencía ós condes de Ribadavia. Derrubado polos irmandiños. En ruínas. Boas vistas.
2006/09/19 long: -7.78741836548 lat: 42.4392929077

Castelo de Vilamarín

Unha das poucas fortalezas cos irmandiños non derrubaron. Por orde dos Reis Católicos obrigouse a modifica-la fortaleza rebaixando os seus muros. En perfecto estado, funciona como sala de exposicións da Deputación de Ourense.
2006/09/18 long: -7.88801193237 lat: 42.4639930725

Castelo do Castro de Valdeorrras

Derrubado polos irmandiños. Reconstruído. Só queda a torre desmouchada. Seu estado é lamentable.
2006/09/18 long: -6.99417114258 lat: 42.4267501831

Torre de Porqueira

Asaltado polos irmandiños. Reconstruído. Atópase en bo estado. É unha das torres, conxuntamente cas de Sandiás e a de Pena, que quedan en pé na Limia.
2006/09/18 long: -7.85076141357 lat: 42.0146751404

Torre de Pena

Non hai constancia de que fose derrubada polos irmandiños. Desde esta torre divisase a Torre de Sandiás cas terras da desecada lagoa de Antela no medio. Atópase en bo estado, por ser rehabilitada recentemente.
2006/09/17 long: -7.67326354981 lat: 42.0848464966
<<