RSS   KML  Big map 3D | Big map»

Embed 3D: Customize 

irmandiños tagged map

Castelo de Naraío

No concello de San Sadurniño, na provincia da Coruña, marcaba o fin do territorio dos Andrade fronte aos dominios dos Lemos. Foi destruido na Gran Guerra Irmandiña, no ano 1467, según contan no pleito entre os obispos Tábera e fonseca.
2007/11/26 long: -8.05903530121 lat: 43.4946289062

Torre de San Sadorniño

Nun pequeno illote coñecido como a illa da Figueira, na vila mariñeira de San Tomé do Mar (Cambados), atópanse os restos esborrallados desta torre. Erguida na Alta Idade Media e reformada polo arcebispo Xélmirez no s. XII, foi concibida como faro e torre
1
2006/11/01 long: -8.82157611847 lat: 42.5074691772

Xunta de Santiago - Irmandiños

Non temos a data da terceira Xunta das irmandades que se realizou en Santiago. Nela reuníronse ¨mais de corenta baras das irmandades¨.
2006/10/23 long: -8.54380130768 lat: 42.8811225891

Xunta de Ourense - Irmandiños

En maio de 1469 tivo lugar en Ourense a derradeira Xunta das irmandades.
1
2006/10/23 long: -7.86279916763 lat: 42.3362770081

Xunta de Lugo - Irmandiños

En marzo-abril de 1468 tivo lugar en Lugo a cuarta Xunta das irmandades das cinco que habería ata 1469.
2006/10/23 long: -7.55486011505 lat: 43.0119590759

Xunta de Melide - Irmandiños

En marzo de 1467 tivo lugar a primeira Xunta das irmandades, primeira das 5 que habería ata 1469.
2006/10/22 long: -8.01650047302 lat: 42.9149475098

Xunta de Betanzos - Irmandiños

Durante o período irmandiño (1467-1469) houbo 5 Xuntas das irmandades, antecedente da Xunta actual posto que ¨Rexían e gobernaban o reino¨. A segunda delas tivo lugar en Betanzos en xuño de 1467.
2006/10/22 long: -8.21133613586 lat: 43.2814865112

Batalla da Pedrosa

Primeira derrota dos irmandiños. Alonso López de Lemos derrota ás hostes irmandiñas capitaneadas polo seu fillo, Diego de Lemos. Perseguíndoos ata Monforte, onde se apodera da vila, para llela entregar logo ó conde de Lemos.
2006/10/15 long: -7.64957427978 lat: 42.5113372803

Torre de Celas

Destruído polos irmandiños. Volta a reconstruír polos Andrade. Hoxe só queda a torre da homenaxe onde se atopa un pequeno museo etnográfico.

2006/10/15 long: -8.40316772461 lat: 43.2457046509

Torre de Porqueira

Foi levantada entre os séculos XI e XII. No ano 1157 o rei Alfonso VII cedeu esta fortaleza á Catedral de Ourense. No 1387 o castelo foi ocupado brevemente polo Duque de Lancaster. No século XV o castelo, pertencente á Casa de Monterrei padeceu o levantam
2006/10/06 long: -7.84908771515 lat: 42.0139579773

Castelo da Rocha Branca

Pertencía ó arcebispo Fonseca. Situábase preto de Padrón. Tomada e destruída polos irmandiños. Non confundir ca fortaleza da Rocha Forte preto de Santiago.
2006/09/25 long: -8.67713928223 lat: 42.7460021973

Torre de Sandiás

Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. En 1467 pertencía ó conde de Benavente. Foi arrasado polos irmandiños, que estaban cercando o castelo de Allariz, grazas a traizón dun criado. Hoxe só queda parte d...
1
2006/09/24 long: -7.74450302124 lat: 42.1231193542

Torre da Barreira

Derruída polos irmandiños. Pertencía ó arcebispo Fonseca. Loga da revolta foi reefeita de novo. En ruínas.
2006/09/23 long: -8.40145111084 lat: 42.7399520874

Torre-fortaleza do Castro de Montes

Derrubada polos irmandiños. Pertencía ó arzobispo Fonseca. En ruínas.
2006/09/23 long: -8.34248542786 lat: 42.5270233154

Castelo de Lobeira

Pertencía ó arcebispo Fonseca. Xunto cas Torres do Oeste, estas fortalezas, eran coñecidas coma as portas a Compostela. Derrubado polos irmandiños.

2006/09/22 long: -8.77138137817 lat: 42.5606689453

Casa forte de Formigueiro

Derrubada polos irmandiños. Pertencía a condesa de Sta. Marta, viúva do conde de Ribadavia, morto en 1465.
2006/09/22 long: -7.96980857849 lat: 42.3847961426

Castelo de Lantaño

Pertencía a Sueiro Gomez de Soutomaior, señor de Rianxo. Derrubado polos irmandiños.
2006/09/22 long: -8.68743896484 lat: 42.5810203552

Fortaleza de Xuvencos

Derrubado polos irmandiños no 1467. Pertencía á condesa de Sta. Marta, a viúva do conde de Ribadavia.
2006/09/22 long: -8.13383102417 lat: 42.4429664612

Fortaleza de Roucos

Derrubada polos irmandiños entre a primavera e o verán de 1467. Pertencía á condesa de Sta. Marta, viúva do conde de Ribadavia.
2006/09/22 long: -8.09692382812 lat: 42.3516921997

Fortaleza de Pena Corneira

Derrubada polos irmandiños no 1467. Pertencía á condesa de Sta. Marta, viúva do conde de Ribadavia.
2006/09/22 long: -8.19150924683 lat: 42.3801040649

Castelo de Santa Cruz

Aparece na relación de fortalezas derrubadas polos irmandiños do Licenciado Molina, ¨o castelo de Santa Cruz cara Milmanda¨. No Séc. XVI xa se atopaba en ruínas.
2006/09/22 long: -8.09074401856 lat: 42.1440582275

Castelo de Outes

Derrubado polas irmandades de Noia e Outes. Só quedan os restos de dúas paredes.
2006/09/21 long: -8.92707824707 lat: 42.8593559265

Castelo de Tenorio

Tomado e derrubado polos irmandiños logo dunha defensa numantina. Os irmandiños entraron no castelo grazas á traizón dun criado. Pertencía ó famoso Pedro Madruga. En ruínas.
2006/09/21 long: -8.57191085815 lat: 42.4580421448

Torre de Gondar

Derrubada polos irmandiños. Posteriormente a fortaleza transformouse en pazo conservando a torre. Nun estado lamentable.
2006/09/21 long: -8.58066558838 lat: 42.4688034058

Castelo de Melide

En 1467 os irmandiños reuníronse en Melide e decidiron pórse en contra do arcebispo Fonseca e de Sancho Sánchez de Ulloa. Derrubaron as murallas da vila e destruíron parte do castelo. Os Reis Católicos prohibiron voltar levanta-la fortaleza.
2006/09/21 long: -8.0166721344 lat: 42.9146347046

« previous |